Xornadas de Portas Abertas

Xornadas de Portas Abertas

Está aberto o prazo de inscripción e matrículas.

Un ano máis chega o fin dun curso e comezamos a preparar o seguinte. Está aberto o prazo de inscripción e matrículas e na próxima semana queremos achegarnos a todas aquelas persoas que desexen cunhas Xornadas de Portas abertas, para darnos a coñecer e animar a todo aquel que queira iniciarse na música.

O vindeiro mes de Xuño dende o Luns 2 ó Venres 6, en horario de 19:00 a 21:00h. estaremos esperando a todos aqueles que queiran vir coñecernos e resolver as dúbidas que poidan ter.