Foto denuncia

Foto denuncia

A liña de tf. e internet dende Xinzo a Blancos "pende" dun fío

Nunca mellor dito o refrán de que "pende dun fío ". Neste caso son varios os fíos que levan as comunicacións telefónicas dende a estrada de Xinzo, pasando primeiramente por Parada de Ribeira, que por certo este fin de semana celebra as súas festas patronais, ata os seguintes pobos pertencentes ao concello de Os Blancos.

Collage

Dende o vendaval que arrasara a Limia no mes de marzo, o poste que sostiña as liñas está, como se pode apreciar no chan, e como non podía ser doutra maneira, despois das chuvias caídas, en pouco tempo as herbas pasarán por riba e quedará enterrado, de maneira que atopalo para o seu arranxo non será doado.

Os veciños xa deron avisos múltiples a compañía, pero a resposta sempre é...xa iremos. Calquera día xa é tarde.