"Un músico é como un deportista de elite" Marta Diz Novoa
Un café cunha artista cos pes moi na terra, con obxectivos claros, disciplina e unha gran capacidade de sacrficio.
Marta Díz Novoa, unha das mulleres mais novas que aparece no libro Mulleres Ilustradas, directora da Agrupación Musical da Limia, unha muller nova que xe ten un gran percorrido na súa vida profesional, proactiva, entusiasta e con moitas ganas de desfrutar da música.
A súa traxectoria musical deu comezo con 7 anos, comezando na Escola de Gaitas, pero xa con 8 foi o seu primeiro contacto co clarinete.
"Non me acordo moi ben porque escollín o clarinete, pero si que recordo dicirlle os meus pais que quería ir o Conservatorio. Pero estaba entre a frauta e o piano, pero non sei porque decidín o clarinete ao final. Pero escollín ben! (rise)"
No 2018 graduouse no Conservatorio de Xinzo, para despois ir estudar o superior a Vigo e rematar no 2023, mentres estaba en Vigo foise de Erasmus a Belgrado, a case 3000 km da casa.
" Foi unha boa decisión, eu sempre o digo, cando me preguntan, quen teña a oportunidade de facelo que o faga. Porque xa non é solo aprender do teu, senón o feito de irte a outro pais, facer todo o papeleo tu sola, moverte, aprender outro idioma e todo iso, faite crecer."
Marta é unha muller que ten facilidade para adaptarse, un punto o seu favor dada a súa profesión, daquela etapa en Belgrado aínda mantén amizades, pero o tratarse dunha cultura diferente, preguntámoslle como foi a parte académica.
" Eles son nas clases sobretodo, bueno en xeral, son bastante mais estritos. Houbo unha vez, que me acordo, que tiñamos ensaio de orquestra e había un rapaz de trompa que non lle saia a peza. E eu non sei que dixo o director, porque non o entendía, pero por a forma de falar xa entendín. Foron dous fallos e o seguinte día o rapaz xa non estaba tocando. Buscan moita perfección."
Como música intenta dar sempre o mellor de si mesma, non lle agradan especialmente os alagos porque considera que así non aprende, sempre busca facelo mellor. O motivo polo que escolleu Serbia foi polo profesor.
"Moita xente dime, por que Serbia? e eu sempre digo que é polo profesor. Porque na música non é tanto a institución a onde vas, senón o profesor que che da clase. (Ognjen Popovic) El é o clarinetista da Orquestra de Belgrado."
No mundo artístico o ego, a competitividade e a busqueda de méritos e aplausos está moi presente, pero Marta ten as cousa moi claras.
"Neste mundo perdese mais do que se gana, porque vas recibir mais "nos" que "sis", pero aínda que no momento fastidia, pero con ese "no" aprendes a xestionar esa situación. O meu profe de agora, o de Barcelona, un día falando diso díxome: A veces a xente que mais "nos" leva e a que termina conseguindo mais cousas, porque sabe xestionarse e aprende do proceso."
"Esta o tema do ego, porque un pouco hai que telo, pero tamén hai que ser humilde, eu sempre o digo, hai que ser humildes, porque nunca sabes que vai estar por encima de ti."
Inda que ten un amplo curriculum en formación e algún curso de dirección de banda, ela recoñece que o que lle gusta e tocar. Despois de rematar en Galicia, marchou para Barcelona onde estaba facendo un master, que rematou e maña tocará no Recital de Fin de Máster, no Auditori Conservatori del Liceu (Barcelona).
A parte da música, Marta desfruta e involucrase en Xinzo, participa nas Vestais, no Esquecemento, no Entroido, vestíndose de Pantalla. Xa que o seu pai, Segundo Díz, foi un dos creadores da Asociación da Pantalla. Pero o legado musical ven por parte das súas irmas, Lourdes e Leticia foran timbaleiras na Banda de Gaitas, un legado que ela continuou sendo pequena e que nun momento chegaron a coincidir as 3 tocando.
Como profesional da música a súa meta e entrar nunha orquestra, algo que considera difícil, porque o nivel e alto e as probas son duras.
"Si nos poñemos a escoller, na Berliner (Filarmonica de Berlín), ou na Concertgebouw (Orquesta Real de Concertgebouw), que é en Holanda. Sería xenial, pero é moi complicado, eu para min, xa ter unha praza e vivir tranquila facendo o que me gusta, eu xa estaría contenta. Logo, supoño que, como con todo, sempre queres mais. Pero o meu obxectivo agora e ter unha praza, estar tranquila e vivir do que me gusta."
A música require dun gran esforzo físico e mental, algo que a simple vista non o parece, pero é así.
" Un músico é como un deportista de elite, de feito os músicos sempre estamos con problemas de espalda, de brazos, de todo. A posición para tocar non é natural. Xa de por si pouco a pouco vas mellorando, iso entrenase.
Por iso a min fastidiabame cando me preguntaban: e que estas estudiando? Música, e que mais? que mais queres (rise), si todo mundo supera, tes que ter unha disciplina, eu teño cancelado saidas con amigos por estudar.
É un mundo bonito pero tampouco é fácil, tes que estar forte mentalmente. Tes que dicir, doume un momento para estar mal pero tes que seguir."