Colisión frontal en Porto Alto
17:26 30/05/25
17:26 30/05/25
Os ocupantes dos vehiculos foron trasladados ao hospital pero non corren risco.
Esta mediodía a iso das 14:30 h, tivo lugar un accidente na N-525, no desvío para Sarreaus, a altura de Porto Alto, Concello de Xinzo.
Dous vehículos impactaron de xeito frontal, os vehículos quedaron gravemente danados, segundo parece un dos vehículos invadiu o carril contrario provocando a colisión. Inda se están estudando as causas do sinistro.
Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, o 061 e os Bombeiros de Xinzo, que estaban levando a cabo as labores de limpeza e retirada de restos do sinistro.
Por sorte non hai que lamentar feridos, os ocupantes dos vehículos foron trasladados en ambulancia pero non corren perigo.