A Cívitas Limicorum ten nova Vestalia

A Cívitas Limicorum ten nova Vestalia

Foi escollida nunha cerimonia levada a cabo esta tarde na praza romana 

Esta tarde a asociación Cívitas Limicorum, celebrou por segundo ano consecutivo a festa das VESTALIAS, na que nomeu outra nova Vestalia para preservar o fogo eterno.

No acto denominado II Concentración Nacional de Vestais, participaron grupos de Emérita Augusta (Mérida) Astúrica Augusta (Astorga) e da propia Cívitas, nun reencontro simbólico entre tres cidades que comparten pasado romano e compromiso coa recreación histórica.

As Vestalias foron unha das grandes celebracións da antiga Roma, adicadas á deusa Vesta, protectora do fogar e símbolo da continuidade. As vestais, mulleres consagradas ao seu culto, eran respectadas, influentes e custodias do lume sagrado. Esta recreación busca recuperar ese espírito ancestral e proxectalo nun contexto contemporáneo que defende valores de igualdade, respecto e identidade colectiva.

Rematado o acto do nomeamento comezaron os actos do lume sagrado e para rematar coincidindo co 25 aniversario da festa procedeuse a solta de farois cara o ceo, un por cada veciño, veciña da Cívitas que xa non están.

1

2

3


5

6

7

8

9

10

Nova Vestalia 2025

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

25

24

26

28

27

28

29


30

31

32