​O Concello de Vilar de Santos anuncia a nova data para a celebración da Festa da Arracada – Ano II. Beltaine.

​O Concello de Vilar de Santos anuncia a nova data para a celebración da Festa da Arracada – Ano II. Beltaine.

O sábado 7 de xuño, na aldea de Saa, iniciaráse as 18:00 horas

A Festa da Arracada terá lugar o vindeiro sábado 7 de xuño de 2025, na aldea de Saa, cunha actividade que se iniciará ás 18:00 horas. Este evento, que celebra o noso legado castrexo, ofrecerá unha serie de actividades para o desfrute de todas as idades e a promoción das nosas tradicións, incluíndo xogos tradicionais, vodas castrexas, música en vivo co grupo Lirolaio, cea popular e unha cerimonia do lume.

O Concello de Vilar de Santos anima á participación activa da cidadanía, convidando aos asistentes a sumarse á ambientación da festa portando indumentaria de inspiración castrexa, o que contribuirá a unha experiencia máis inmersiva e enriquecedora para todas e todos. A organización deste evento é posible grazas ao esforzo do Concello de Vilar de Santos e conta coa valiosa colaboración da Civitas Limicorum.

Con esta iniciativa, o Concello de Vilar de Santos reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural e a posta en valor do seu patrimonio histórico e etnográfico.

502601508 1107096434795573 1719536851278460528 n