A nova senda do río Badella acolleu a presentación oficial da LIV Festa do Peixe 2025
LIV Festa do Peixe, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xuño no Concello de Bande.
Esta mañá presentouse oficialmente o programa da LIV Festa do Peixe, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xuño no Concello de Bande. O acto tivo lugar na nova senda do río Badella, un espazo recentemente recuperado para o desfrute da veciñanza.
No evento participaron representantes institucionais e de entidades colaboradoras:
- Dna. Sandra Quintas Vázquez, alcaldesa de Bande, acompañada por membros da corporación municipal.
- D. Manuel Pardo Cid, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
- D. Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.
- En representación de Abanca, entidade colaboradora, asistiron D. Mateo Alonso San Román e D. Andrés López Ambrosio.
Durante a presentación, deuse a coñecer o programa completo da Festa do Peixe 2025, que combinará música, gastronomía, cultura popular, deporte e espectáculos para todos os públicos. Achegamolo en adxunto.
A alcaldesa convidou á veciñanza e visitantes a sumarse á celebración: “A Festa do Peixe é unha das nosas maiores expresións de identidade e hospitalidade. Agardámosvos en Bande para vivir tres días inesquecibles cheos de sabor, música e tradición”.