Día da bici escolar en Xinzo

Día da bici escolar en Xinzo

Preto dun cento de rapaces e rapazas dos CEIP de Xinzo de 3º e 5º participaron na celebración

Ainda que a mañá estaba fresca, os nenos e nenas de 3º e 5º do Rosalía e Carlos Casares acompañados do seu profesorado achegáronse ata a Telleira para comezar un pequeno percorrido en bicicleta polas rúas principais ata a praza Carlos Casares onde a Policía Local e Protección Civil prepararan un pequeno circuíto, no que puideron ver os coches da policía e comprobar o seu "grado de alcoholemia". Tamén algún levou un susto cando un dos policías lle deu o alto para apercibilo dunha posible sanción por condución temeraria, por facer "caballitos" coa súa bicicleta nun lugar aberto. Todo quedou nun "susto", pero seguro que o neno asimilou totalmente as indicacións do policía recordándoo toda a vida.

Para rematar a mañá un neno e unha nena leron un manifesto a favor de andar en bicicleta, e escoitamos ao concelleiro correspondente tomar nota para que a edición do ano que ven sexa con moitas mais actividades e máis percorrido. 

Non faltou a froita para repoñer forzas e voltar cara aos seus centros escolares.

 DSC0491

 DSC0529

 DSC0556

 DSC0734

 DSC0526

 DSC0539

 DSC0561

 DSC0749

 DSC0731

 DSC0548

 DSC0543

 DSC0763

 DSC0532

 DSC0496

 DSC0483

 DSC0741

 DSC0570

 DSC0809

 DSC0770

 DSC0482

 DSC0797

 DSC0536

 DSC0522

 DSC0575

 DSC0500

 DSC0511

 DSC0565

 DSC0581

 DSC0746

 DSC0503