Faramontaos queixase da desatención do Concello
23:00 03/06/25
23:00 03/06/25
A Asociación de veciños de Faramontaos- A Ponte denuncia a situación en que se atopan as súas ruas.
Como ven sendo costume últimamente o Concello de Xinzo desatende os pobos.
Adxunto algunhas fotografías ( poderían ser ben máis ) de como están as aceras case intransitables e coas baldosas en estado pésimo, bancos de pedra cubertos pola maleza, a "Ponte Vella" desatendida...
A pouca limpeza que se levou a cabo foi feita por veciños. Algúns entrados nos 90 anos. Outros con ferramentas propias.
Dende a Asociación de veciños de Faramontaos-A Ponte agradecemos que se nos dea visibilidade.
E esperamos que polo ben de tod@s dende o Concello de Xinzo de Limia non miren cara outro lado.
As visitas por parte da administración agradécense máis a miudo, non só cada catro anos.
Un saudo e gracias.