Os veciños de Baltar están moi “mosqueados”
O concello ofreceulles contadores de auga dixitais gratis
Fai unhas semanas o alcalde publicou un bando dicindo que conseguira unha subvención da Deputación Provincial para a instalación de contadores de auga intelixente.
Continúa dicindo o bando que para a realización da montaxe-gratuíta- o beneficiario ten que contar cunha instalación axeitada no exterior da propiedade.
Remata o bando dicindo que para isto solo hai un mes e que dende o concello se están esgotando todos os prazos para evitarlle máis custos aos cidadáns, posto que a administración quere saber os consumos en todo momento.
Serra do Larouco, propiedade mancomunada dos veciños
Ata aquí parece todo correcto, os problemas xorden dende o momento que moitos dos veciños non teñen a instalación fora e non hai fontaneiros que o fagan en tan pouco tempo e segundo que todos os veciños están mosqueados posto que os veciños de Baltar non están pagando o consumo de auga e moito se temen que este sexa o primeiro pásao para ese cobro.
Aducen os veciños que a auga e súa, non do concello, posto que as captacións da mesma están na serra do Larouco, propiedade mancomunada dos veciños, que por certo regalan a auga a outros pobos do concello, e pode darse a situación que agora teñan que pagar a auga, pero os outros pobos sigan téndoa de balde.
E por último, e non menos importante, que vai a pasar cos veciños que teñen enganchada a auga as súas fincas, sen contador, por suposto.
De momento a estas preguntas José A. Feijoó, dende o concello non da respostas.
Tamén hai quen se pregunta, cando a empresa que sexa nos queira cobrar a auga, vainos pagar primeiro a captación por ser noso o monte?