O A.B. Xinzo, pecha este verán as súas actividades por "vacacións"

Luis M. Gil, Presidente do A.B. Xinzo
O A.B. Xinzo, pecha este verán as súas actividades por "vacacións"

Dende o club informamos que este verán non organizaremos os eventos que os últimos anos estivemos a realizar (Torneo Mini Vilas, Campus Fin de Tempada, Clínic Adestradores, Torneos 3x3, Stage Manzaneda-Muiños,...).

O Club de baloncesto A.B. Xinzo ven de poñer en coñecemento dos seus socios primeiramente e ao concello de Xinzo a intención de NON organizar ningunha das varias actividades que xa eran tradicionais na vila, como eran os torneos de 3 x 3 ao que acudian equipos de todo Galicia, así como o seu xa afamado Clinic de adestradores onde  nas edicións pasadas puidemos ver algún que outro seleccionador nacional.

IMG 20250604 205848

Toca un descanso, e dedicar o tempo ata o inicio da vindeira tempada, en planificar con calma a nova realidade do club.

En poucos anos aumentamos o número de equipos e licenzas dun xeito meteórico, chegando ao récord desta tempada en 18 equipos e 218 licenzas de xogadoras/es. Máis equipos participando en Ligas Galegas, o incremento do custe dos numerosos desprazamentos, incremento no gasto en licenzas e arbitraxes, ter que contar cun maior número de adestradoras/es para poder sacar todos os equipos a competición, maior investimento en roupa, ter material deportivo para cubrir 4 adestramentos á vez,...


Todo elo fixo que o gasto se disparase nestas dúas últimas tempadas e non así parte dos ingresos.

O motivo argumentado pola directiva é o da necesidade de descanso mental para poder organizar ben a tempada que ven no tocante aos presupostos que se dispararon durante estes últimos anos pola gran participación de nenos, nenas e maiores, pero non ocorreu así nas axudas que disminuron ano tras ano.

Por isto, neste verán traballaremos en mellorar os ingresos, tanto institucionais como de patrocinios para non ter que aumentar bruscamente as cotas de xogadoras/es. Traballaremos tamén en que estes eventos sigan sendo parte da nosa oferta deportiva de cada verán.


Remata a nota enviada dando as grazas grazas a quen estivo ao seu  carón cada vez que organizaron ditos eventos; Concellería de Deportes, Patrocinadores, Federación, Participantes, Persoas Colaboradoras... 

SOLICITUDE DE REUNIÓN CO CONCELLO

De cara a esa nova tempada o clube solicitou por escrito unha reunión cos responsabeis do concello, Alcalde, concelleira de Deportes e de Muller, para analizar polo miudo os presupostos e a participación feminina, que segundo indica Luis M., máximo responsable do clube, son os que máis fichas federadas de chicas ten da provincia, pero iso parece que non repercute en máis axudas, o que pode levar a un incremento de máis do 100% nas cuotas que terán que abonar os pais de cara a tempada 25/26.