Pedro Feijoo estará na Libreria Nobel firmando a súa última novela
O próximo sábado 14 de xuño as 12:00 h, Pedro Feijoo estará na Libraría Nobel, firmando a súa última novela "Onde nacen as Bestas".
Coincidindo ca próxima Feira comarcal de Xinzo de Limia, o vindeiro sábado 14 de Xuño, a librería Espazo Lector Nobel Xinzo contará coa presenza do escritor Pedro Feijoo; que asinará exemplares da súa nova novela "Onde nacen as Bestas". O escritor nado en Vigo, ambienta o libro na contorna logo de residir en Rebordecha durante a súa escrita. Estupenda oportunidade de achegarmos a un dos autores mais lidos de Galicia.
O autor atopase hoxe firmando exemplares na Feira do Libro de Madrid, é un dos autores galegos con maior número de ventas e considerado o "sucesor" de Domingo Villar.
Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.Exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao. En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011. En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica.En 2017 sae Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de "Os fillos do mar", se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación. En 2018 publica Sen piedade, un libro terrible e dolorosamente persoal, segundo o autor. Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas. Entre outras moitas obras.
Chega a Xinzo para asinar a súa última novela, "Onde nacen as bestas", onde a lenda faise realidade e nacen as peores bestas, un adictivo thriller na Galicia máis feroz e descarnada.
A crítica dixo sobre Pedro Feijoo:
«Con cada giro de la historia, Feijoo va apretando una soga que termina por dejarnos sin respiración, asomados al abismo».
Domingo Villar «Pedro Feijoo nos devuelve el gozo de la lectura, esa aventura irrepetible hacia lo desconocido».
Manuel Rivas «Un verdadero artefacto best seller».
El País«Uno de los escritores gallegos de mayor repercusión».
La voz de Galicia «No da respiro a quien lo lee».