Todas as vidas importan
Catro horas para rescatar un gatiño, a Policía Local, a grúa e a protectora Miquiños uniron esforzos.
Onte a maña, en pleno Xinzo, vivíronse momentos de tensión e incerteza.
Como un día calquera, un home que chamaremos "Francisco" ( por San Francisco de Asís, protector dos animáis), dirixiase a arrancar o seu vehículo, ao carón das 10 da maña, cando escoitou o miañar dun gatiño.
Os veciños e paseantes habíano avisado de que o animaliño habíase escondido por debaixo do seu coche.
"Francisco" coñecedor do risco que supuña acender o seu vehículo, intentou buscar o gatiño. Ante as complicacións recorreu a Policía Local e a protectora Miquiños pero nada funcionaba, ata que xa ao carón das 2 da tarde, tivo que vir a grúa.
So así conseguiron rescatar o gatiño e polo a salvo.
Unha vez mais o coidado e respecto cara os animáis prevaleceu.