As vidas importan, Volvo ten un novo fogar
Nova información sobre o sucedido onte.
Esta mañá Dendealimia publicaba unha información que nos fixeron chegar, sobre o rescate que se levou a cabo onte dun gatiño
A raíz desta información, Sabela Veloso, unha das testigos e participes do rescate, contounos como trascurriron os feitos.
O xoves a maña, onte, Andrea e os seus amigos, pasaban por diante de Banco Santander cando escoitaron miañar o gatiño, dentro do coche. Ante está inesperada sorpresa, puxéronse en marcha para intentar rescatalo.
Preguntaron no banco e alí dixéronlle que o animaliño levaba 2 días alí metido, ante está situación, non o dubidaron nin un momento, e chamaron a Policía Local e a asociación Da Rúa, está última non apareceu.
Estiveron toda a maña vixiando e intentando que o gatiño saíra.
Ao carón das 14:00h Sabela e a súa nai acercáronse ata o lugar para seguir axudándolles e acompañándoos ata que viñera a Policía Local, sobre as 14:30 apareceu o pai da dona do coche, continuaron os intentos de rescatar o gatiño pero nada daba resultado
As 16:00h aprox, como último intento a dona do vehículo chamou a grua para ver si no taller podían sacar o gatiño, pero xusto no último momento o gatiño apareceu no capo e puideron collelo.
Andrea a primeira en oír o gatiño, non se separou do coche nin do gato, en ningún momento, de feito foi ela quen o levou o veterinario.
Por sorte para todos, o gatiño atopábase ben, con agás un mes de vida, Volvo, como o "bautizou" Andrea, xa ten unha nova familia e un novo fogar onde non lle faltarán aloumiños e coidados.