Limpeza e desbroces nas cunetas de estradas e camiños secundarios no concello de Sandías.
A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas e como indica o bando do concello.
Dende o mes de maio ten actuado o tractor desbrozadora do Concello de Sandiás realizando desbroces preventivos de cunetas de estradas secundarias próximas e afastadas dos núcleos de poboación por todo o concello. Ten actuado neste mes nas zonas do camiño ata Santa Mariña en Piñeira da Arcos, estrada en dirección a aldea da Fontela e camiño dende a nacional 525 ata a Fontela, área dende o Novaiño ata aldea da Ladeira, estrada dende a aldea de Piñeira de Arcos ata a aldea da Corga, camiño depósito de auga preto do Novaiño, Lavandeira, tres entradas na aldea de Zadagós, dende a aldea de Cardeita ata o Canal da Lagoa de Antela, A Chousela, estrada da Corga a Bustelo… Nos próximos días continuará co resto das zonas pendentes de limpeza.
Limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas
Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas e como indica o bando do concello “perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edifiacións destinadas a personas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor de edificación silladas destinadas a persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de pino, entre outras.
Estes requisitos deberán cumprirse antes de que remate o mes de maio de cada ano.
Así mesmo, en virtude con convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAM e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, lémbrase que o concello de Sandiás ten como parroquia priorizada a de Sandiás (San Estevo). Este convenio permite formalizar contratos de xestión de biomasa ca empresa SEAGA a cun custo reducido de 420 Euros por hectárea e ano. Os titulares das parcelas ou representantes que desexen acollerse a limpeza das zonas das parroquias priorizadas poden achegarse polo concello onde disponen de un novo modelo de contrato a cubrir e serán informados dos predios e superficie afectada.
O Concello de Sandiás lembra que está dispoñible un visor interactivo en liña, habilitado pola Xunta de Galicia, onde se poden consultar as franxas de xestión obrigatoria de biomasa no noso termo municipal e tamén as das zonas da parroquia priorizada (San Estevo de Sandiás):
Consulta e infórmate das túas obrigas: https://mapas.xunta.galvisores/faixas/
Polo tanto recordámoslle e animamos a veciñanza a obriga legal da limpeza das fincas e terreos e cumprir coas medidas de prevención de incendios. Como se indica no bando emitido polo concello, éste poderá impor multas polo seu incumprimento. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e roza das áreas de biomasa da contorna dous núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás).