​A aldea de Saa celebrou a segunda edición da Festa da Arracada coa mirada posta no mundo castrexo

​A aldea de Saa celebrou a segunda edición da Festa da Arracada coa mirada posta no mundo castrexo

O evento estase a consolidar como unha cita de referencia para a posta en valor do patrimonio inmaterial da comarca

Onte, sábado 7 de xuño, a aldea de Saa, en Vilar de Santos, acolleu a II Festa da Arracada – Beltaine, unha celebración que volveu reunir a veciñanza e visitantes arredor da cultura castrexa, da man do Concello de Vilar de Santos e da asociación Civitas Limicorum.

1000013954

Ao longo da xornada, o público puido desfrutar dunha completa programación que incluíu música en directo, espectáculos inspirados nos rituais e cerimonias da antigüidade como as vodas castrexas, o rito do lume coa queima da efixie e unha cea popular celebrada ao aire libre, en plena natureza. 

1000014096

O evento estase a consolidar como unha cita de referencia para a posta en valor do patrimonio inmaterial da comarca, combinando divulgación histórica e celebración colectiva nun entorno privilexiado. Dende a organización agradécese a participación e implicación de todas as persoas asistentes, así como da veciñanza e entidades colaboradoras que fan posible esta iniciativa.

1000014008