O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo pecha o curso cun festival cheo de talento
17:06 09/06/25
17:06 09/06/25
Os concertos de fin de curso terán lugar o 12, 13 e 20 de xuño.
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia celebrará ao longo do mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso, cunha programación musical que amosará o traballo desenvolvido polo alumnado durante o ano académico 2024-2025.
O festival incluirá tres concertos abertos ao público:
- Concerto do Grao Elemental: xoves 12 de xuño, ás 20:00 h, no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
- Concerto do Grao Profesional: venres 13 de xuño, ás 20:00 h, tamén no Auditorio “Ángel Cocho”.
- Concerto de Clausura: venres 20 de xuño, ás 20:00 h, na Praza da Música de Xinzo de Limia.
Estes eventos ofrecen unha oportunidade única para gozar do talento das novas xeracións e da diversidade instrumental do centro, nun ambiente aberto á veciñanza.