Baronzás olvidado polo Concello
22:03 09/06/25
22:03 09/06/25
A campaña de desbroces do Concello de Xinzo parece que se olvidou de Baronzás
Denuncia que nos fan chegar os veciños de Baronzás.
Os veciños de Baronzás requiren a axuda dos medios de comunicación para solucionar o problema da maleza e desatención que sofren.
Visto o que pasou con Faramontaos, que ó día seguinte de queixarse nas redes os operarios de limpeza apareceron por alí ,queren intentar ver a ver se así funciona.
Nas vésperas da fin de semana da festa, as herbas e a maleza comen as rúas e carreiros, ata o punto de que se vas no coche parece que estás nun autolavado.
Visto que pasan os meses e cada vez vai a situación a peor, os veciños xa empezaron a limpar as zonas comúns pola súa conta, a pesar de pagar impostos coma no medio da vila.