As mulleres do rural reunironse para simbolizar o 25 N

As mulleres do rural reunironse para simbolizar o 25 N

Centraronse en seguir facendo rede, fomentar o apoio mútuo e o acompañamento.

Esta fin de semana mulleres de Pidre, Boado, San Pedro, Laroá, Lamas, Perrelos, Calvos, a Boullosa.. xuntáronse desta vez en Baronzás, para simbolizar o 25 de Novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Collage 2025 06 09 22 33 05

Tomando consciencia da realidade, este grupo de mulleres (organizado autónomamente), centran os seus esforzos en seguir facendo rede, fomentar o apoio mútuo e o acompañamento.

Analizar os avances, identificar as necesidades e crear lazos efectivos, foron os obxectivos desta xornada que valoraron moi positivamente.

Reivindican a necesidade da prevención, de ver consecuencias para os maltratadores acordes ós delitos, contar con recursos reais, e chegar a ter unha sociedade e profesionais sensibilizados co problema, entre outras moitas.

Imagen de WhatsApp 2025 06 09 a las 21.59.07 6e985bae