O delegado territorial da Xunta supervisou esta mañá os traballos de instalación da nova infraestrutura que mellorará a accesibilidade do centro educativo
A Xunta inviste preto de 68.000 € nun ascensor no CEIP CARLOS CASARES, de Xinzo
Esta actuación está enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica no que inclúense case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes da Executivo autonómico
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao CEIP Carlos Casares, en Xinzo de Limia para supervisar as obras realizadas para a instalación dun ascensor, nas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu preto de 68.000 euros.
O delegado territorial xustificou que esta actuación no CEIP Carlos Casares, vén motivada pola necesidade desta infraestrutura para mellorar as condicións de accesibilidade actuais neste centro educativo, que contará con capacidade para oito persoas, próximo ao acceso principal en patio interior e con acceso dende o núcleo de comunicacións central, comunicando coa planta primeira na que se localizan o resto das aulas.
Manuel Pardo explicou que esta actuación está enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica no que inclúense case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico.
O representante do Goberno galego fixo fincapé que “este investimento é un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”.