Remata a tempada para os equipos do A.B.Xinzo

Remata a tempada para os equipos do A.B.Xinzo

Resumo dos últimos partidos e analise da tempada 24-25. Unha tempada onde se batiron records

Este fin de semana pasado, disputáronse os dous últimos partidos da tempada para estes equipos.

As cadetes, que se xogaban a semifinal da Copa, non puideron gañar, loitaron todo o partido pero ao final a veteranía das xogadoras do EDO Blanco Amor notouse. O marcador quedou 62-70, lembrar que este era o primeiro ano para as xogadoras do A.B. Xinzo.

IMG 20250609 WA0004

O sábado, os veteráns masculinos xogaron o seu último partido, un xogo moi igualado contra o equipo do Milladoiro, pero con vitoria para os de Santiago. Rematou así a primeira tempada da historia na Liga Veteran.


IMG 20250609 WA0007

A tempada remata esta fin de semana, haberá adestramentos para os convocados para a Xuntanza Premini, Noa Mera foi convocada para preselección 3x3 Galega U13.

Analise da tempada 24-25

Tempada longa de moitos partidos, onde se xogaron mais de 350 partidos, mais de 150 viaxes en autobús e onde o A.B Xinzo bateu o récord de equipos federados, un total de 18. 

Non foi un ano frutífero no que se refire a campionatos, subcampionatos e copas, pero si foi unha gran tempada de formación, tanto a nivel equipos como a nivel xogadores. Xa que o se que busca é a ilusión de seguilos formando e traballando.

Senior

Lembrar que o equipo masculino e case 100% da canteira. O balance é positivo para eles, permanecen en 2ª División, con mais da metade dos partidos gañados, 16 en total, fronte aos 12 perdidos, pero seguen na categoría, gracias a unha norma que loitaron para cambiala nas bases de competición.

As Senior femininas iniciaron a tempada con forzas, pero as multiples baixas ocasionaron que remataran a tempada coa axuda das cadetes.

Veterans

Este foi o primeiro ano dos veterans masculinos, aínda que os resultados non foron moi favorables, a ilusión perdurou durante toda a tempada. Xogadores de mais de 40 anos que seguen desfrutando do baloncesto.

Para a tempada que ven esperan formar un equipo veteran feminino, a única categoría que lles queda por federar.

IMG 20250609 WA0008

Xa en categorías base, acadaron un novo récord. Este ano tiveron 218 fichas, en comparación coas 173 do ano pasado, o que demostra que a Limia sinte paixón por este deporte. Das cales case 100 fichas son de xogadoras, o A.B. Xinzo convertese no club con mais fichas femininas da delegación de Ourense.

Estas cifras posicionan o club limiao como o 3º Club da provincia de Ourense.

Junior

Nestas categorías foi principalmente un ano de formación, onde destacan os Junior que loitaron para meterse en semifinais polo título, aínda que non puido ser.

Cadetes

Os cadetes masculinos xogaron contra os mellores competindo polo título, aínda que moitos dos xogadores eran do primeiro ano.

As cadetes femininas, loitaron pola semifinal de Copa, un equipo de primeiro ano, que repite o ano que ven. E a experiencia xa dará froitos.

Infantis

Houbo 4 equipos infantís, dous masculinos e dous femininos. 

Os infantís 2011, comezaron moi ben, con grandes posibilidades entre os primeiros, pero as lesións ao longo da tempada deixáronos como terceiros na categoría.

Minis

Os minis 2013 competiron a nivel galego, onde houbo grandes resultados durante a tempada, con partidos de mais de 100 puntos, dignos da NBA. O equipo tamén estaba formado por nenas.

As femininas 2013 acabaron en 3º lugar.

Os 2014, sendo o primeiro ano, acabaron no grupo polo título.

As 2014, tiveron un gran ano de formación.

Preminis

Os preminis masculinos acabaron tamén no grupo polo título.

As preminis femininas, moitas eran de primeiro ano, polo que tiveron un bo ano de formación.

Babys

Participaron nas Escoliñas e en todas as concentracións Babys