Obradoiro "As Siluetas no Aire" no Pai de Sandiás. Recoñecendo as aves da contorna.
Gozaron unha chea e os nenos e meniñas foron capaces de recoñecer ás aves das fotografías.Finalmente, remataron a Furgoteca coa devolución de contos que tiñan na escola e colleron outros.
Na nova cita coa Furgoteca en Sandiás no roteiro do martes 10 de Xuño, a biblioteca móbil fixo parada en varias aldeas do Concello e concretamente no Punto de Antención Infantil (PAI). Os nenos e nenas ademais de aproveitar para realizar o préstamo de libros disfrutraron dun obradoiro que levaba por título “As siluetas do aire”.
O obradoiro partiu de amosar fotografías a través de láminas de aves características da zona como a garza branca, cegoña, choromica, mazarico…Chamoulles a atención a foto da cegoña e as súas longas patas. Tamén o moucho, polas orelliñas e a plumaxe.
A continuación os nenos e nenas contaron con siluetas das mesmas e pinceis e coa axuda de esponxas e pintura de dedos, puideron plasmar a silueta de cada unha das aves. Gozaron unha chea e os nenos e meniñas foron capaces de recoñecer ás aves das fotografías.
Finalmente, remataron a Furgoteca coa devolución de contos que tiñan na escola e colleron outros. “A ratiña fachendosa”, entre outros.