​Máis de 750 escolares únense en Xinzo para celebrar o XIII Abrazo ao río Limia

​Máis de 750 escolares únense en Xinzo para celebrar o XIII Abrazo ao río Limia

Os cativos e cativas disfrutaron un ano mais do abrazo, unha actividade onde se fomenta a irmandade.

Xinzo de Limia acolleu esta mañá unha nova edición do tradicional “Abrazo ao río Limia”, un acto simbólico de irmandade que celebra xa trece edicións e que reafirma os lazos entre as vilas de Xinzo de Limia e Ponte de Lima.

A actividade, promovida no marco do histórico irmandamento entre ambos municipios, reuniu nesta ocasión a máis de 750 nenas e nenos dos centros educativos de Xinzo e da vila portuguesa. O evento serviu unha vez máis como espazo de convivencia, memoria compartida e respecto pola natureza.

A xornada comezou cunha calorosa benvida, á que se sumou a música da Banda de Gaitas de Xinzo, e culminou co simbólico abrazo humano ao río Limia, unha xesta que reafirma a conexión emocional e cultural co territorio e coa súa contorna fluvial. Ademais, realizouse a plantación dunha nova árbore como xesto de compromiso co medio ambiente e co futuro das novas xeracións.

Este encontro ten lugar pouco despois da visita dos escolares de Xinzo á vila irmá de Ponte de Lima no mes de maio, reforzando así unha alianza que continúa a medrar ano tras ano, e que se converte nun exemplo de cooperación entre territorios unidos pola historia, a cultura e o río.

16

10

35

11

18

5

20

21

14

23

25

28

36

1

9

17

19

24

34

27

38

40

13

2

12

15

26

31

33

7

22

29

8

4

37

6

30

43

3

41

42

39

32