O Concello de Xinzo vén de aprobar unha actuación integral para a limpeza de canles en todo o municipio

O Concello de Xinzo vén de aprobar unha actuación integral para a limpeza de canles en todo o municipio

A formación, a cultura e as zonas verdes foron os temas mais recurrentes.

O pleno do Concello de Xinzo de Limia aprobou hoxe por unanimidade unha das medidas estruturais máis relevantes dos últimos anos no ámbito rural: a limpeza integral de todas as canles do municipio, sexan de competencia autonómica, estatal ou municipal. Trátase dunha actuación incluída nun proxecto da Xunta de Galicia, promovido a través da Mesa da Limia e resultado directo do traballo coordinado entre diferentes alcaldes e alcaldesas da comarca.

5

Desde o Concello valórase especialmente o feito de que, unha vez realizada esta limpeza exhaustiva, será a administración local quen asuma a responsabilidade da súa conservación e mantemento no tempo. A actuación permitirá mellorar a prevención de inundacións e poñer en valor o territorio rural limiao.

Durante a mesma sesión plenaria tamén se deu luz verde á creación dunha nova bolsa temporal de emprego municipal, co obxectivo de facilitar a cobertura de necesidades puntuais nos distintos servizos do Concello. Trátase dunha ferramenta que non existía até agora e que permitirá mellorar a capacidade de resposta da administración local.

En materia educativa, aprobouse por unanimidade unha moción para instar á Consellería de Educación a mellorar a oferta de formación profesional na vila, solicitando a creación dun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) e facendo fincapé na demanda existente de ciclos vencellados ao sector primario, a construción ou os servizos sociosanitarios.

3

O pleno aprobou tamén un recoñecemento institucional ao motociclista limiao Martín Portela, pola súa traxectoria deportiva no mundo do motociclismo, o seu prometedor futuro e o seu papel como referente da mocidade da comarca.

Outro dos puntos tratados foi a actualización da taxa polo uso de instalacións deportivas municipais, co que se dota de cobertura legal unha situación que ata o de agora carecía de regulación concreta. Coa abstención por parte do PSdG.

4

En relación co subministro de auga na parroquia de Gudín, informouse de que o sistema de depuración e clorado xa está en funcionamento e que tan só resta unha última contraanalítica para a súa habilitación definitiva para consumo humano. No pleno anterior quedara aprobada a asunción da xestión directa das augas por parte do Concello.

Por último, tamén se aprobou unha moción de apoio á candidatura do poeta limiao Antón Tovar para o Día das Letras Galegas 2026, dando continuidade ao compromiso institucional coa súa figura e obra. 

6

A sesión rematou cun minuto de silencio en memoria de Marisol Costa, vítima dun crime machista en Campo Lameiro.

8

Nos rogos e preguntas

Unha das queixas mais recurrentes por parte tanto do BNG como do PSdG foi a situación na que se atopan certas rúas, parque e lugares públicos pola maleza e a falta de desbroces e coidado, por parte do concello xustifican esta situación por falta de persoal, por as baixas, e que este ano dadas as condicións climáticas resulta dificil que a limpeza dure no tempo. E que a situación dos parques públicos atopanse en malas condicións polo bandalismo.