A Xunta licita preto de 120.000€ para a humanización da praza da igrexa de Rairiz de Veiga
As empresas poderán presentar ofertas ata o 9 de xullo
A Xunta acaba de licitar os traballos de humanización da praza da Igrexa, situada no núcleo urbano do concello de Rairiz de Veiga, por importe de 118.700€. Esta actuación enmárcase no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas.
As actuacións que se levaran a cabo no entorno da Igrexa parroquial de San Xoán no núcleo urbano do municipio ourensán permitirán a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza.
De acordo ao convenio asinado no marco do Plan Hurbe, a Xunta asumirá o 70% do investimento total das intervencións, e o Concello o 30% restante.
As empresas poderán presentar ofertas ata o 9 de xullo e a actuación terá un prazo de execución de 3 meses.