Lodoselo acolle a xuntanza anual de familias limiás
A actividade, que é de balde, require inscrición previa que se pode facer nas instalacións do CDR na rúa Ladeira, 21, de Xinzo ou nos teléfonos 988461571 ou 604088675.
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza unha nova edición do encontro de familias que congregará a persoas de toda a comarca e de tódalas idades nunha xornada de orgullo rural e educación compartida.
Mila Rodríguez, responsable da actividade, explica que “constará de tres momentos con clara vontade educativa: recepción con merenda saudable, rolda de actividades cooperativas e minifoliada para o entretemento e adestramento das competencias artísticas".
Tamén será unha oportunidade de coñecer mellor o traballo da Casa Niño Lodoselo e todo o potencial pedagóxico que concentra ao vivir da man da comunidade. Anabel Borrajo, a responsable da Casa Niño, será a encargada de mostrar o recurso educativo.
A actividade, que é de balde, require inscrición previa que se pode facer nas instalacións do CDR na rúa Ladeira, 21, de Xinzo ou nos teléfonos 988461571 ou 604088675.
Esta actividade forma parte da liña de Participación Comunitaria do programa Familia e Comunidade , financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.