A Deputación reforza a súa colaboración coa Confederación de Familias Mulleres Rurais de España e Afammer

A Deputación reforza a súa colaboración coa Confederación de Familias Mulleres Rurais de España e Afammer

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu xunto á deputada de Igualdade, Teresa Barge, á presidenta deste organismo a nivel nacional, Carmen Quintanilla, xunto coas responsables na provincia e na comarca do Ribeiro, Lola Rico e Mª Asunción Fernández, respectivamente

A Deputación reforzará a súa cooperación coa Confederación de Federaciones y Asociaciones de Familias y Mujeres del Medio Rural, Afammer, coa fin de extender a súa actividade a toda a provincia. Así quedou de manifesto na reunión que mantiveron o presidente provincial, Luis Menor, xunto coa deputada de Igualdade, Teresa Barge, coa presidente deste organismo a nivel nacional, Carmen Quintanilla, que acudiu acompañada polas responsables desta organización na provincia, Lola Rico, e no Ribeiro, María Asunción Fernández, que tamén é vogal de Afammer a nivel nacional.

250613 Afammer 1

No encontro púxose de manifesto a actividade que realiza esta confederación, centrada sobre todo en dinamizar o colectivo feminino en territorios rurais. Neste senso, Menor lembrou que o colectivo das mulleres rurais na provincia goza de gran dinamismo e iniciativas como a da Área de Igualdade da Deputación adicoulles, precisamente, este mes de xuño dentro da súa campaña “8M, mes a mes”. “As mulleres foron, son e sempre serán as grandes dinamizadoras dos pobos”, lembrou Menor, salientando a importancia do asociacionismo neste eido.

A colaboración da Deputación con Afammer estreitarase pola súa firme actividade en Ourense e en Galicia, onde se celebrará precisamente o seu congreso nacional en outubro, na Cidade da Cultura.

250613 Afammer 2