A IV edición das Olimpiadas Interpobos, o 5 de xullo

A IV edición das Olimpiadas Interpobos, o 5 de xullo

As Olimpiadas rurais da Limia regresan ás instalacións deportivas da Moreira.

O Colectivo RAS, da man do Concello de Xinzo de Limia e do CDR O Viso, presenta a edición de 2025 dun evento que se consolida no panorama limiao. 


Será a cuarta edición consecutiva despois de que en 2022 se recuperara un formato que se perdera nos anos previos á pandemia e que nacera da mocidade limiá dez anos antes.


2 (2024)

A principal novidade será o cambio de emprazamento. As Olimpiadas rurais da Limia regresan ás instalacións deportivas da Moreira, onde naceran. Borja Rubén Domínguez, o presidente do Colectivo RAS explicao así: “é unha clara aposta por recuperar unha identidade de deporte popular, do pobo para o pobo”. 

O Concello de Xinzo cede as instalacións e o CDR O Viso apoia na parte administrtiva dun evento que congregará a máis de cen persoas participantes, un amplo equipo de voluntariado e un comité organizador que vén traballando nos últimos meses e que recentemente presentou o cartel. 

RAS

Borja Rubén desexa que “sexa unha xornada na que estean representadas cantas máis aldeas e barrios do Concello porque é outra maneira de convivir e facer comunidade: competindo sanamente”.

O Colectivo RAS conta tamén co apoio de diferentes clubes e negocios da zona. 

O período de inscrición xa está aberto.

Probas