A Garda Civil solicita a colaboración cidada
Desaparecido en Xinzo
Javier, de 40 anos, atopase desaparecido dende o sábado a mañá
Javier P.R. atopase desaparecido dende o sábado.
Segundo datos da Garda Civil, ao carón das 11:30 h da mañá foi a última vez que soubo algo de el. Foi visto correndo pola zona da Finca da Condesa no cruce con rúa Regueiro, en Xinzo.
Dende ese día o seu telefono esta apagado. A familia alertou o domingo as autoridades, ante a imposibilidade de pórse en contacto con el e non saber onde estaba.
A Garda Civil fai un chamamento a todos aqueles propietarios das fincas situadas nesa zona, para que busquen no interior das fincas, por si acaso Javier estivera alí.
Nas labores de busca hai 5 patrullas da Garda Civil que hoxe farán uso do dron para ter maior area de búsqueda e Protección Civil está avisada.
A colaboración cidadá é moi importante nestes casos.