50 aniversario do CEIP. Carlos Casares

50 aniversario do CEIP. Carlos Casares

Un aniversario por todo o grande, lembrando vellos momentos e desexando moito futuro

O ano pasada foi o aniversario do CEIP Rosalía de Castro e este ano é a quenda de CEIP Carlos Casares, creado o 12 de xaneiro de 1975.

WhatsApp Image 2025 06 17 at 10.27.28 (1)

A celebración constara de actos institucionais, musicais e unha merenda para os asistentes.

Para elo contactaron con antigos directores, directoras,  para que o xoves 19 asistan a celebración. Para xuntarse e lembrar momentos vividos no centro, como di José Carlos González : "seguro que hai moito que dicir e lembrar". Tamén están intentando contactar con alumnos e alumnas da primeira promoción, algo que lles está a resultar un pouco complicado.

Dende o centro queren facer "algo sinxelo, amigable, darlle nome e unha continuidade para outros 50 anos mais." Para a celebración decoraron o colexio con repisas onde se poden ver fotos e libros antigos, e xa o propio día estarán expostas algunhas das orlas antigas, onde aparece parte do alumnado e profesorado antigo.

Para a celebración o director do centro, José Carlos,  falou con Esmeralda Marra, directora do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo, para saber si quería participar, dado que ela tamén foi alumnado centro. E aceptou encantada, a actuación musical estará interpretada por alumnos e alumnas do centro que tamén estudan no conservatorio.

Planning50aniversario page 0001