O equipo de cachibol de Xinzo de Limia, viaxará a Hernani.
Os equipos galegos devolven a visita que o equipo de Hernani realizou o ano pasado a Galicia
O vindeiro xoves 19 de xuño, a localidade vasca de Hernani acollerá un encontr
Este evento, que se celebra nun ambiente de convivencia e deporte para todas as idades, terá un significado especial: os equipos galegos devolven a visita que o equipo de Hernani realizou o ano pasado a Galicia, consolidando así unha bonita relación entre este grupo de deportistas.
Durante a xornada, celebrarase unha sesión de adestramento conxunta, partidos amigables e un encontro social posterior, co obxectivo de seguir tecendo lazos entre os participantes.
O cachibol, derivado do voleibol e adaptado para persoas adultas e maiores, está a gañar protagonismo como unha alternativa saudable, divertida e segura para manterseactivo e conectado.
O grupo de Xinzo de Limia, no que colaboran o Centro Sociocomunitario e a Concellería de Deportes, conta cun número de 30 deportistas federados e xa levan mais de 20 anos practicando cachibol.