A Xornada Genvce informou os agricultores limiaos sobre os cereais de inverno.
O ensaio consta de 14 variedades de trigo de inverno e 4 variedades de centeo.
Onte tivo lugar a Xornada Genvce (Grupo para a Evaluación de Novas Variedades de Cultivos Extensivos en España) 24-25, estas xornadas están impartidas por técnicos de Centros e Institutos das Comunidades Autónomas responsables da realización de ensaios das redes de experimentación de variedades. No caso da Limia están probando a viabilidade dos cultivos de trigo e centeo para o inverno, e presentarlles resultados os agricultores para a súa sementeira.
O ensaio consta de 14 variedades de trigo de inverno e 4 variedades de centeo.
Espigas de Centeo e de Trigo, de esquerda a dereita
Entre os diferentes asistentes atopábase o alcalde, Amador Díaz. O obxectivo e ampliar a variedade de cultivos na Limia, tendo en conta o clima e as condicións da terra.
Tendo en conta que na Limia hai moito agricultor a nivel profesional, os estudos, ensaios e análises seguiran levándose a cabo.