A primeira persoa invitada foi Elvira Lama
Conversas ao SERÁN
Nova sección no dendealimia.com
Esta semana no xornal comezamos unha nova sección que denominamos CONVERSAS AO SERÁN na que pretendemos conversar con veciños e veciñas da Limia que teñan algo que dicir que sexa máis ou menos curioso, importante...para os nosos lectores.
Despois do éxito da nosa sección, café con... a cal seguirá, queremos dar outro salto cara as redes sociais e as maneiras de transmitir as noticias comezando coas “conversas ao serán”.
Na primeira delas conversamos coa ex alcaldesa da vila
Elvira Lama, unha magnífica conversadora, e na que ao longo da escasa media
hora falamos da súa entrada e saída da alcaldía de Xinzo.
Esperamos que a próxima conversa se achegue o actual alcalde
para coñecer da súa man esta mesma época da historia recente da vila de Xinzo.
Pretendemos que ata este novo espazo se acheguen non solo políticos, se
non máis persoas e personaxes dos que nestes novos tempos viven ou se
relacionan coas terras da Limia Alta e Baixa.
Esperamos que sexan do agrado dos nosos lectores dentro e
fora do noso pais.
Esta primeira charla publicarase integra o sábado ás 12:00