Acto de conmemoración dos primeiros 50 anos do CEIP Carlos Casares
Xabier Casares, irmán de Carlos Casares, nome do centro hoxe en día recordou que seu pai foi un dos primeiros directores do centro.
Esta tarde celebrouse o acto do 50 aniversario do CEIP Carlos Casares de Xinzo coa asistencia da Directora Xeral da Xunta Yudit Fernández, o delegado territorial o alcalde de Xinzo Amador Díaz, que estivo acompañado dos concelleiros de Obras, Cultura e da ex alcaldesa Elvira Lama.
Momento de reencontros e charlas sobre o vivido no centro
No acto a parte musical estivo a cargo de alumnado do Conservatorio de Música de Xinzo que foron ou son alumnos tamén do centro e interviron cunhas pequenas verbas a Directora Xeral, o alcalde, o irmán de Carlos Casares, así como a poetisa e ex profesora do centro Rochi Novoa , a Presidenta da ANPA Mari Freiría e para rematar o director do centro José Carlos Gonzalez.
Todos eles aludiron a importancia do centro dende cada unha das facetas a que representaban e avogaron por outros 50 anos de nova historia.
Rematado o acto todos os presentes, entre os que se atopaban antigos profesores do centro así como moitos dos que foron directores do mesmo dende a súa inauguración ata hoxe, departiron uns petiscos ofrecidos polo equipo de cociña do centro.