Unha campiona de España en Boado
Aira García Teijeiro gañou a medalla de ouro no Campionato de España de Ximnasia de Trampolin
Aira García Teijeiro, de 8 anos de idade e natural de Boado, Xinzo de Limia, fíxose coa medalla de ouro no Campionato de España de ximnasia de trampolín disputado no Paco Paz de Ourense organizado pola Real Federación Española de Ximnasia.
Aira García, adestrada por Isaura Hermida, competía na categoría Base Alevín. Conseguiu o título pese a ser a ximnasta máis nova e disputar o posto con nenas que lle sacaban ata catro anos nun exercicio excelso que conseguiu unha puntuación de 54.800 puntos, só 100 puntos por riba da tamén ourensá Valetina Fernández pero lonxe do resto de competidoras.
A boadesa Aira, de pai e nai da aldea limiá, que compite no clube ourensán BURGAS ao residir na capital da provincia, comezou os seus contactos coa disciplina de trampolín adestrando cos outras nenas afeccionadas ó mesmo deporte.