Volve o Campionato Galego de Parapente 25 en Baltar
14:05 20/06/25
14:05 20/06/25
Celebrarase do 4 ao 6 de xullo en Baltar
O Delegado Territorial da Xunta participou esta mañá, acompañado dos alcaldes de Baltar e Cualedro, José Antonio Feijóo e Luciano Rivero, e mailo secretario do Club de Parapente de Baltar, Enrique Cuquejo, e o director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, na presentación do Campionato Galego de Parapente 25.
O Campionato desenvolverase do 4 ao 6 de xullo na Serra do Larouco, en Baltar, e contará con 60 participantes.