Esíxenlle a Cristina Campero que tome cartas no asunto
Críticas polo estado das instalacións do complexo da piscina cuberta
OS USUARIOS E USUARIAS DA PISCINA DENUNCIAN O DESLEIXO DA CONCELLERÍA DE DEPORTES
As persoas usuarias da piscina climatizada de Xinzo de Limia rexistraron un escrito no Concello esixindo que a concelleira de deportes escoite as queixas que veñen manifestando nos últimos meses.
Presentouse unha reclamación acompañada de numerosas firmas (máis de 60)
de apoio para convidar á edila de deportes a visitar as instalacións e comezar
a poñer solución ás graves deficiencias que afectan a aspectos como a hixiene,
intimidade, comodidade e equipamento, o que redunda nun aproveitamento
deficiente dunhas instalacións deportivas públicas.
O escrito recolle a vontade das persoas usuarias a subir a
taxa polo uso do recinto se iso significa unha mellora substancial na dotación
e mantemento tanto da área de baño coma a de ximnasio e os correspondentes
vestiarios.
Escrito presentado no concello esta mesma mañá
Tamén se recolle o desexo de que os horarios do verán
permitan o exercicio en condicións similares ás do resto do ano e non obriguen
á xente e interromper as súas rutinas ou ter que acudir a outros concellos para
manter a actividade física, prescrita por médicos e médicas en moitos casos.