Este verán, vive Xinzo: concertos, teatro, maxia e festa para todos os públicos

Este verán, vive Xinzo: concertos, teatro, maxia e festa para todos os públicos

Axenda Cultural de Verán 2025, con música, espectáculos, actividades infantis, etc...

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar a súa Axenda Cultural de Verán 2025, unha programación diversa e chea de actividades pensadas para toda a familia. Con propostas musicais, espectáculos escénicos, actividades infantís e grandes celebracións, a vila ofrece un verán completo para que veciñas, veciños e visitantes gocen sen saír de Xinzo.

MAR05322

A programación cultural comeza o 5 de xullo coa visita teatralizada Memoria en Pedra ao Mosteiro de Trandeiras, e continúa cun calendario cheo de citas destacadas, como o Concerto do Día de Galicia o 25 de xullo ou a gran celebración das Festas de Santa Mariña, do 17 ao 20 de xullo.

Ao longo do verán, as rúas e prazas de Xinzo converteranse no escenario de espectáculos pensados para todos os públicos, como Super Pandi¡Zasca! Maxico Show, ou os concertos de Marta Bravo & Serxio Tannus e Amorodous. Non faltará a música tradicional, co VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas Vila de Xinzo, nin tampouco o humor e a fantasía, da man de Mago Antón e Mistic Fire.

A programación inclúe tamén a tradicional Xornada de Folclore, en colaboración coa Deputación de Ourense, e un espectáculo musical especial o 25 de xullo, Xuntos pola Música, tributo a Juan Pardo, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Como colofón, do 22 ao 24 de agosto, Xinzo recreará o seu pasado galaico-romano coa XXV Festa do Esquecemento, organizada pola asociación Civitas Limicorum, que este ano conmemora o seu aniversario cunha edición moi especial.

O concelleiro de cultura, Carlos Gómez, convida a toda a veciñanza a gozar da programación: “Este verán non marches: vive Xinzo. Temos propostas para todas as idades, para rir, cantar, bailar e compartir. Porque o mellor plan está aquí, ao carón da casa.”


Programación detallada:


Sábado 5 de xullo 20:30 h

Memoria en Pedra – Visita teatralizada ao Mosteiro de Trandeiras

Lugar: Trandeiras

Sábado 12 de xullo 20:30 h

Super Pandi – Espectáculo familiar

Lugar: Praza Maior

Mércores 17 de xullo Todo o día

Mago Antón – Cincuenta

Lugar: Praza Maior

Do xoves 17 ao domingo 20 de xullo

Festas de Santa Mariña

Programación específica da Concellería de Festas

Venres 25 de xullo 20:30 h

Día de Galicia – Ofrenda floral e actos conmemorativos

Lugar: Parque Galicia, Barrio do Polígono

Venres 25 de xullo 21:00 h

Concerto Día de Galicia – Xuntos por a Música

Tributo a Juan Pardo con Lisi Pardo e Antonio Barros

Lugar: Praza Maior

Sábado 26 de xullo 20:30 h

¡Zasca! Maxico Show

Lugar: Praza Maior

Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de agosto

VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas Vila de Xinzo

Programación específica do festival

Sábado 9 de agosto 20:30 h

Amorodous – Versións ao vivo de grandes temas musicais

Lugar: Praza Maior

Luns 11 de agosto 20:30 h

Marta Bravo & Serxio Tannus – Alegría

Lugar: Praza Maior

Venres 16 de agosto 20:30 h

Autos Tolos – Paseos para crianzas con coches tolos

Lugar: Praza Maior

Sábado 16 de agosto 21:00 h

Mistic Fire – Espectáculo de lume

Lugar: Praza Maior

Domingo 17 de agosto 20:00 h

Xornadas de Folclore

Lugar: Praza Carlos Casares

Venres 22, sábado 23 e domingo 24 de agosto

XXV Festa do Esquecemento

Organiza: Asociación Civitas Limicorum

Sábado 30 de agosto 20:30 h

A Galiña Xosefina – Espectáculo familiar

Lugar: Praza Maior