Entregadas as tablets aos gañadores do sorteo dos álbums de cromos.
Parabéns a Ruth e a Xoel polos seus premios, e grazas a todas as familias, atletas e comercios colaboradores que participaron activamente nesta proposta que tan boa acollida tivo entre os veciños.
A concelleira de deportes, Cristina Campero, fixo entrega esta semana das dúas tablets correspondentes ao sorteo vinculado ás coleccións de cromos dos clubes Club Kárate Xinzo, Asociación Deportiva Limiactiva, A.B. Xinzo e E.D.C. Xinzo. Os agraciados foron Ruth e Xoel, quen completaron os seus álbums e resultaron seleccionados mediante sorteo entre todos os participantes que lograron rematar a colección.
Con esta iniciativa, tanto os clubes como a concellería quixeron fomentar o sentimento de pertenza, recoñecer o esforzo e dar visibilidade aos deportistas que forman parte do deporte base limián.
Parabéns a Ruth e a Xoel polos seus premios, e grazas a todas as familias, atletas e comercios colaboradores que participaron activamente nesta proposta que tan boa acollida tivo entre os veciños.