"Versos Brancos". Pintura música e poesía nunha mestura perfecta: A pintora e poeta Rochi Nóvoa e o artista plástico Xosé Eladio mostraron a súa obra artística en Sandiás
Os ecos do público ante a mirada das obras artísticas foron múltiples ao longo da visita a exposición.
No contexto do Verán Cultural de Sandiás 2025, tivo lugar a exposición de pintura “Versos Brancos” da parella artística formada polo artista plástico Xose Eladio e a pintora e poeta Rochi Nóvoa na Sala de Exposicións da Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Ambos expuñeron unha selección de setenta e dúas pinturas organizadas ao redor dun eixo temático que nos permitiu mergullárnos no universo creativo dos dous artistas.
A inauguración da exposición foi o venres día 27 de xuño ás 20.30 h da tarde. Saludou aos presentes o alcalde Felipe Traveso, presentou polo miudo aos protagonistas e a obra artística da exposición o concelleiro de cultura Pepe Gándara, falaron da súa obra Xosé Eladio e Róchi Nóvoa cunha preciosa poética acompañada polo cantautor Armando Glez a guitarra. Asistiron ao acto 92 participantes da comarca e moitos de comarcas limítrofes e ata de outras provincias. Posteriormente realizouse a visita á exposición e pechouse o evento cun ágape no patio exterior da sala de exposicións acompañado de empanada, xamón e regado con viño das adegas de Torres Mancas e un refrescante acompañamento poético-musical de Róchi Nóvoa, de Daniel Soldevilla, artista multidisciplinar con sólida traxectoria literaria e musical que abarcou un espectro sonoro variado incidindo no rock and roll e un dúo formado polo cantautor Arturo Fernández que reflectiu na súa carreira a capacidade de concectar a poesía coa música, ampliando así o alcance e a emoción dos seus textos e levando na voz a “dignidade dopobo e a beleza da vida” e Andrés Fernández, cantautor tamén, que provén da canción de intervención e musicou o poeta ourensán de Maside, Víctor Campio Pereira. Un maravilloso encontro en boa compañía e regado con interpretacións poéticas e musicais excelentes.
“Versos brancos” prentende ser un diálogo artístico onde luz, palabra e emoción conflúen nunha mostra única que ofrece ao público obras dos artistas cargadas de sensibilidade que abren novas paisaxes para os sentidos. Con este proxecto invítannos a escoita a arte que se toca, a mirar a palabra que se pinta, e a habitar o branco como lenzo e silencio compartido.
Cada rostro velado en capas traslúcidas revela e oculta á vez: unha miraa que non mira, pero que sente; un xesto que non fala, pero que di. En definitiva, un mapa emocional onde cada peza é uha illa de sentimento, un espello onde o espectador pode recoñecer as súas propias silencionas emocións, escolitar o que só o corazón entende e a descubrir a beleza que reside na quietude da alma.
Seguro que os ecos do público ante a mirada das obras artísticas foron múltiples ao longo da visita a exposición. Como no seu día fixo en Sandiás pódense repetir as palabras do fotógrafo Blas González: “Antes de comezar a visitar, entretéñome imaxiando como todos estes personaxes liberanse das súas estrañas máscaras, sacudiranse o asombro parpadeando e comezarán a falar en susurros cando os espectadores abandonen a sala se apagen as luces e se sepechen as portas.