Mulleres, Ritmo e Tradición. Obradoiro de música tradicional impartido por Sabela Olivares en Sandiás

Mulleres, Ritmo e Tradición. Obradoiro de música tradicional impartido por Sabela Olivares en Sandiás

Participaron preto de 40 nenos e nenas e os seus animadores e familiares.

Este ano, a Real Academia Galega dedicoulle o 17 de maio a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. O Concello de Sandiás  súmase a esta homenaxe con esta actividade entre outras moitas que se levarán a cabo dende o mes de abril ata agosto dentro do amplo programa organizado sobre o eloxio a “oralidade”. Levouse a cabo ao carón do Local Social de Sandiás o venres 27 de xuño. Participaron preto de 40 nenos e nenas e os seus animadores e familiares.

Foto 21 (2)

Mulleres, ritmo e tradición foi un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria e tamén as súas familias. Impartido por Sabela Olivares, combinou o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

Foto 19 (1)