Que fas cando vives rodeado de silvas e maleza que é de outros e non se desbroza?

Silvaescura non quere morrer no esquecemento

Silvaescura non quere morrer no esquecemento

Silvaescura, pertencente ao concello de Trasmiras, atopase a tan só 4 km de Trasmiras e a 15 km de Xinzo. Os seus veciños sintese olvidados, e non queren renunciar a súa vida no rural.

O rural esta vivindo un dos peores momentos, o despoboamento das aldeas e o envellecemento da poboación provoca que algunhas morran no esquecemento. Si a isto lle sumamos o abandono das terras e a despreocupación dos concellos por estes pequenos núcleos, a situación aínda se complica mais. 

Agora mesmo Galicia atopase en risco extremo de incendios forestais, dada as altas temperaturas e a gran vexetación. Polo que as tarefas de limpeza e desbroce por parte dos concellos deberían ser unha prioridade, pero non sempre é así.

IMG 20250705 WA0005

Fai uns días, este xornal reuniuse con Jose Antonio, o último veciño, xunto coa súa muller, que viven en Silvaescura (Trasmiras).

Jose Antonio vive alí coa súa muller e os seus cans, xa non quedan mais veciños, pouco a pouco foron morrendo e deixando tanto as terras coma as casas en situación total de abandono. Isto provoca que a maleza invada cada vez mais as casas, os campos e o que antes eran rúas polas que camiñaban, agora o seu paso e case imposible. 

IMG 20250705 WA0015

Lembra como non fai moito, por pequenas rúas, como a que intuímos na imaxe, aínda pasaban as vacas. Durante o recorrido foinos amosando diferentes lugares da aldea, que de non ser por el que sabe onde están, a simple vista serían imposibles de atopar, como é caso da fonte, o lavadoiro ou o forno do pan.

De esquerda a dereita, a fonte e o lavadeiro, ao final do lavadeiro atopase a fonte

A dereita vemos a fonte, para acceder a ela hai que pasar o lavadoiro cara o fondo onde a maleza faina invisible.

Collage 2025 07 05 11 12 51

O forno esta case en ruínas, segundo nos contou Jose Antonio íano rehabilitar, pero as obras nunca comezaron.

Outro dos problemas cos que se atopa o rural galego é ¿ que sucede cando os donos das fincas morren e ninguén se fai responsable? este caso tamén o atopamos en Silvaescura, o ano pasado o concello de Trasmiras mandou unha carta informando de que os donos das parcelas debían limpalas, pero xa habían falecido e os familiares ou non as habían herdado ou non se facían cargo, en situacións así ¿cal é a solución?

Silvaescura atopase chea de maleza, fincas abandonas e camiños sen limpar, situación que desgraciadamente aproveitan os malfeitores para roubar ou facer estragos, como por exemplo roubar as tapas dos sumidoiros. 

Collage 2025 07 06 18 04 10

Jose Antonio so quere que o concello mire por a aldea, que aínda que sexan poucos veciños, tamén importan. Tanto el coma o seu fillo, que vive fora, encárganse de limpar as zonas que lle corresponden a algunha mais para poder seguir vivindo e non ter que renunciar ó que é o seu fogar dende mais de 40 anos.

IMG 20250705 WA0013