Festa homenaxe, con moitas burbullas no museo da Limia

Festa homenaxe, con moitas burbullas no museo da Limia

 O Museo da Limia celebrou este sábado o 80 aniversario das Gasosas Berardo Méndez cun acto que reuniu a máis de medio cento de persoas.

O Museo da Limia acolleu este sábado un acto conmemorativo do 80 aniversario da fundación das Gasosas Berardo Méndez, a histórica fábrica de bebidas do concello de Sandiás. Máis de medio cento de persoas reuníronse no espazo museístico para render homenaxe a esta bebida que formou parte da memoria colectiva da Limia durante décadas.

Baixo o título "Gasosas da Limia: tributo á bebida de todos/as", desenvolveuse unha conversa na taberna na que interviñeron Xavier Feijóo, neto do fundador Berardo Méndez; o historiador Miro M. Cerredelo; o coleccionista Jorge Pulido, que achegou a súa experiencia arredor da recuperación e conservación de botellas antigas; Juan Carlos Villar Angeriz, autor do libro Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña; o pintor Miguel Martínez Coello, estudoso da gasosa e da súa historia e contamos tamén co representante da fábrica de gaseosas Cid, no Pereiro de Aguiar.

Os asistentes puideron observar as mostras de botellas coas serigrafías orixinais da colección de Celso Gómez, coleccionista da comarca, que permanecerán expostas durante todo o mes na taberna do Museo da Limia. O encontro, cargado de anécdotas, fotografías e lembranzas, puxo en valor o papel que tiveron estas bebidas gaseosas na vida cotiá das xeracións pasadas, especialmente nas festas, romarías e encontros familiares.

O acto rematou cun viño con gasosa e empanada para todas as persoas asistentes, como homenaxe viva a esta tradición popular. A actividade contou coa colaboración da Taberna da Trocha e o Concello de Vilar de Santos.

 DSC4673

 DSC4759

 DSC4743

 DSC4715

 DSC4692

 DSC4736

 DSC4656

 DSC4674

 DSC4701

 DSC4714

 DSC4725

 DSC4671

 DSC4683

 DSC4651

 DSC4679

 DSC4646

 DSC4690

6

4

7

8

2

3