Comeza a nova edición do Campamento Concilia 2025 en Sandiás

Comeza a nova edición do Campamento Concilia 2025 en Sandiás

As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello

O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2025” para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas actividades serán desenvolvidas dende o 23 de Xuño ata o 5 de Setembro, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede será o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás. Dende as 8.00 poderán deixarse os nenos e as nenas e recollelos as 14.30 h.

Mostrámosvos un álbum de actividades destas primeiras semanas: xogos para maiores e pequenos, xogos de presentación (nome e animal), xogo para retentiva de nome (sangue), xogos para pequenos como Vexo vexo, Pato Ganso, bomba, Simón di, o gato e o rato; xogos para maiores como Brilé, Cemiterio; normas do capamento, invención do slogan (Todas a unha, somos Sandiás), canción elixida para o campamento (A diva-melody), Mascota-stich pequeno, realización mural do campamento, Xogo de Araña, Cometas; xogos para maiores e pequenos (Vídeo-slogan, Pilla-pilla en cadea, teléfono estragado con mímica, gallinita cega); creación dun twister ou temática de valores cunha saba branca e pintura, xogar ao twister por equipos e participar no obradoiro de “Mulleres, ritmo e tradición” de Sabela Oliveirais sobre música vocal tradicional dentro do programa do concello de eloxio a “oralidade” neste ano do Día das Letras Galegas.

Foto 3 (4)

Moita actividade prácticamente toda ao aire libre. Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante os meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música tradicional e moderna, baile e actividades de despedida.

Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento ponse en marcha cun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.

Foto 11 (2)