Xorde un novo grupo na Limia: @puntadasdalimia

Xorde un novo grupo na Limia: @puntadasdalimia

“Puntadas da Limia” é un espazo de encontro, calma e conexión a través do punto de cruz.

Sete persoas reúnense cada mércores no Centro Sociocomunitario de Xinzo da Limia para compartir moito máis que proxectos de costura. A través das súas redes, en @puntadasdalimia, dan a coñecer as creacións que van nacendo entre fíos e agullas, feitas con mans pacientes e corazóns creativos.

“Puntadas da Limia” é un espazo de encontro, calma e conexión a través do punto de cruz.

7 12 17 49.admin.@puntadasdalimia 1 web

Un lugar onde se bordan historias, conversas, risas… e tamén silencios compartidos que valen ouro. Non fai falta saber moito, só ter gañas de crear, aprender e gozar.

7 12 18 24.admin.@puntadasdalimia 2 web

Este grupo nace grazas a:
• As persoas que o forman e lle dan vida.
• A motivación de facer do punto de cruz un fío condutor para compartir unha tarde agradable, tomar un café e crear xuntas.
• O soño de formar parte da comunidade de forma plena e normalizada.
• O desexo de romper coa soidade non desexada e sentirse parte dun proxecto común.

Desde o CDR O Viso apoiamos esta iniciativa e queremos dar visibilidade á labor e aos labores dun grupo que, coas súas puntadas, tamén constrúe igualdade e comunidade.
Esta actividade forma parte do programa Capacidade Inclusiva Rural-Activa, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7 % do IRPF.