Xa coñecemos o cartel das Festas da Santa Mariña

Xa coñecemos o cartel das Festas da Santa Mariña

Moita música e actividades para os mais cativos nas Grandes Festas de Santa Mariña

Do 17 ao 20 de xullo Xinzo celebrara as súas festas patronais, as grandes festas da Santa Mariña.

Este ano non faltara musica e o bo ambiente. Con 5 orquestras, dj´s , pasarrúas e disco móbiles o ambiente festivo farase notar polas rúas.

O propio día da patroa, o venres 18, haberá misa e procesión acompañada pola Agrupación Musical da Limia e a Banda de Gaitas, unha vez finalizado o acto liturxico, os xigantes e cabezudos tomaran as rúas para facer as delicias dos limiás e visitantes, xa cara o solpor terán lugar as actuacións das orquestras Nebraska e Panorama, este ano tocarán no parque do Toural.

O sábado 19 volve, por segundo ano consecutivo, a II Color Party, onde cativos e non tan cativos desfrutaran das explosións de cores. O mesmo día disputarase o Campionato de Futbolín. A música ao longo do día correra a cargo de Lethx Sound, La Duendeneta e a orquestras La Misión.

Xa para rematar o domingo 20, será o día para os cativos, que terán actividades especiais para eles. A música correra a cargo de La Duendeneta, a orquestra Tango e o Festival Summer Sound 2025, onde 5 dj,s farán vibrar aos asistentes.

Imagen de WhatsApp 2025 07 08 a las 13.57.23 2c1adf09