Sandiás e a Xunta avanzán na súa colabroación a prol do rural

Sandiás e a Xunta avanzán na súa colabroación a prol do rural

Sandiás ten concedida unha axuda de 48.406 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural para as anualidades de 2025 e 20026.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuníronse esta mañá co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso.

No encontro, que tivo lugar na Delegación territorial, abordáronse diferentes asuntos relacionados coas infraestruturas rurais deste concello ourensán e concretamente no que atinxe á colaboración por parte da Consellería do Medio Rural no arranxo e mellora de camiños municipais. Neste sentido, cómpre lembrar que Sandiás ten concedida unha axuda de 48.406 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural para as anualidades de 2025 e 20026. Na xuntanza tamén se avanzou en materia de mobilidade de terras, especificamente no eido das concentracións e reestruturacións parcelarias.