A orquestra Nebraska xoga outra vez na casa

A orquestra Nebraska xoga outra vez na casa

O venres 18 actuarán nas Festas de Santa Mariña, no parque do Toural

Xa coñecemos o cartaz das festas da Santa Mariña, e unha das actuacións máis esperadas é a da Orquestra Nebraska, a orquestra limiá.

Veñen presentando o seu Natural Tour 2025, con novas cancións, novos compoñentes, e datas por toda España.

Captura de pantalla (35)

Unha orquestra que xurdiu en Baltar, fai máis de 20 anos. Pero mais aló do gran espectáculo que ofreceran, a vida dentro dunha orquestra é moito mais dura do que se ve a simple vista. Meses de ensaios, preparativos, postas a punto e kilometros e kilometros de estradas.

Desta quenda queremos amosar o que non se ve, o esforzo de meses de preparación para que todo saia adiante nun día.

20240416 192053

A orquestra Nebraska ten un longo percorrido dentro do mundo musical, o ano pasado celebraron o seu 20 aniversario. Anos nos que, onde mais actúan é en Castela León e Castela a Mancha, como di o dito: "Nadie es profeta en su tierra". Por iso esta ano as Festas da Santa Mariña serán diferentes, nelas poderán amosar a súa profesionalidade, as melloras nos espectáculos e faran vibrar aos limiaos.

Falamos con Cristian, director artístico e musical da orquestra, con tan so 39 anos leva dende os 18 no mundo das orquestras, é dicir, toda a vida. Foi baixista en diferentes orquestras galegas, ata que asumiu o control de Nebraska, alén polo 2016, orquestra que creou seu pai, en principio como afición, pero que co paso do tempo foi crecendo ata converterse no que é hoxe. El recoñécenos que antes de que o espectáculo comece, hai meses detrás de preparación para que todo este listo e tanto os artistas como o público poidan desfrutar.

20240417 182322

De feito, en Tixós, os veciños son uns afortunados, xa que poden desfrutar dos ensaios que levan a cabo ao longo dos meses para prepararse para a xira. Este é un pequeno fragmento dun ensaio do ano pasado.

Os compoñentes de Nebraska son: 

Ricardo Silva (teclista), Jeser Gil (batería), Marcos Blanco (cantante), Alexandra Carrera (cantante), Rubén Diumaro (cantante), Adrian Ribao (guitarra), Jose Romero (baixista), Rafa Arenas (cantante)

Collage 2025 07 11 11 23 25