Elvira Lama deixa a Deputación despois de 14 anos
Foi un pacto de lexislatura de fai 2 anos
Elvira Lama, deputada provincial polo PSdG-PSOE deixará a finais de mes de ser deputada para dar paso a Xosé Carlos Valcarcel, alcalde de Barbadás.
Este cambio estaba pactado cando se constituíu esta nova corporación fai dous anos.
Elvira Lama, presentou a súa renuncia esta mesma semana e resolverase no pleno de xullo, para que o seu substituto poida tomar posesión no pleno de setembro.
Desta maneira, Elvira da por finiquitado "de momento" a súa presenza como deputada provincial, cargo que obstentou durante os últimos 14 anos seguidos.
En declaracións a La Voz de Galicia, Elvira fai un balance moi positivo de la experiencia y sobre todo de lo conseguido en los últimos años. «Algo ten mudado cando chegamos a un acordo sobre o financiamento dos concellos», resaltó en referencia al plan Cooperou. «É un dos maiores logros», insistió. También se queda con otras propuestas más centradas en A Limia. «Sempre traballei por e para os veciños da provincia, pedindo o que era preciso e denunciando o que non está ben», resume. Se va en función a un acuerdo asumido. «Vouno respectar igual que respectei sempre a disciplina do grupo dentro da Deputación aínda que ás veces tiveras que votar cousas que non che gustaban».
Supoñemos que a partir de agora, todos os seus esforzos irán dirixidos, no eido político, a recuperación da alcaldía de Xinzo nas eleccións de dentro de menos de dous anos.