X​inzo de Limia participa no Encontro da Toxa 2025

X​inzo de Limia participa no Encontro da Toxa 2025

Consolidando relacións institucionais e contactos estratéxicos para o futuro da vila

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, participou a pasada semana no Encontro da Toxa 2025, unha cita promovida por CESUGA (Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia) que reuniu a representantes institucionais, empresariais e académicos de primeiro nivel para abordar retos de futuro arredor da arquitectura, o urbanismo e o desenvolvemento territorial.

Unnamed (73)

Durante o evento, Amador Díaz tivo a oportunidade de facer entrega do Premio Arquitectura en Madeira 2025, galardón outorgado polo propio Encontro, e de manter conversacións directas con figuras clave no panorama institucional e económico de Galicia, como o delegado do Goberno en Galicia, conselleiras e conselleiros da Xunta, así como co presidente de CESUGA, Venancio Salcines.

Un dos encontros máis destacados foi co presidente executivo de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, con quen se abordaron posibles novas vías de colaboración entre a marca Estrella Galicia e Xinzo de Limia. Un primeiro contacto que abre portas a novas oportunidades no ámbito cultural, social e económico para a vila.

UnnamedDesde o Concello de Xinzo de Limia sublíñase a importancia deste tipo de foros para posicionar o municipio dentro do mapa de decisións estratéxicas e relacións institucionais a nivel galego. “Participar en espazos como este significa avanzar na apertura de novas liñas de traballo e establecer relacións que poden traducirse en proxectos e beneficios reais para a veciñanza”, explica o alcalde Amador Díaz.

O Concello continuará traballando nesta liña, combinando xestión local e presenza institucional para atraer oportunidades de crecemento e desenvolvemento sostible para Xinzo de Limia.